24b Vilar Ponte

24b Vilar Ponte

Antón Vilar Ponte (Viveiro, 1881 - A Coruña, 1936) Premio Día das letras galegas 1977 era xornalista e activista, foi un dos iniciadores das Irmandades da Fala e   do galeguismo.  Escribiu Tríptico (1928), Os evanxeos da risa absoluta (1934) e redactouse postumamente unha antoloxía dos seus ensaios (1971). O seguinte texto é   de  'A Patria do labrego' en Teatro galego :tríptico  Ed. Nós, A Coruña, 1928, p 9.

O sitio da escena é  unha cociña de aldea mariñá.  Porta ao foro e  outra nunca das paredes dos lados.  Onde mellor conveña, para o mellor desenvolvemento da acción, haberá unha lareira ancha, con escanos rústicos, sobre da cal virá unha cheminea de campá moi aberta, en relación con aquela. No sitio apropiado un andel  e gramalleira.  Chantadas nunhas fendas da parede unhas fouces de man; dependurado dun torno-  tamén chantado na parede-  o xugo e os bitillos; arrimados nun recanto os fungueiros do carro; arrentes da lareira dous caldeiros enriba de rodelas de palla. Ademáis, noutro lugar, un pote de ferro escachoando a carón do lume.  Son as oito da mañá.


Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.