19 Amado

19 Amado

19 Amado Carballo

Luís Amado Carballo (Pontevedra 1901 - 1927)  Premio día das letras galegas 1982  é, xunto con Manuel Antonio, poeta da Xeración do 25. Inspírase na natureza coma tantos autores tradicionais, e  escribe versos cos metros  populares e tradicionais,  mais  asemade segue as correntes modernistas e vangardistas da época. Pese a  escribir só un poemario, Proel (1927), exerce  unha influencia importante en moitos autores da primeira metade do século XX, sobre todo nos do Neotrobadorismo.   Coma Manuel Antonio,  Luís Amado Carballo non chegou a  cumprir os 30 anos.O seguinte é,  Abrente , de  Obras en prosa   e  ve rso  ed. Castrelos, Vigo 1970, p. 87

Entre os teixos piñerais          A campía aterecida
o rexoubante camiño               abre os olliños mollados,
cingue os chorosos herbais     no dondo berce do abrente
en feixes amañecidos              con tenro mimo dourado

No mar derreteuse a lúa.        As campanas da parroquia
No peitoril da montaña          brincan na alma do campo
está o sol a madurar               coma puchos rebuldeiros
entre unhas nubes de palla.    na esponxa dos toxos bravos

No río despero aboia,             O mozo vento mareiro
morta, a paisaxe calada,          funga un cantar esquencido
na corrente van as cores         que chove flores nas leiras
desfeitas  e  esnaquizadas       entumecidas de frío.

Contact Us

Juan A. Thomas, Ph.D.

Juan A. Thomas, Ph.D.

Associate Professor of Spanish, Chairman of the Foreign Language Department
1600 Burrstone Rd
Utica, NY 13502
jathomas@utica.edu
(315) 792-3028

I would like to see logins and resources for:

For a general list of frequently used logins, you can also visit our logins page.