28-xullo 1999

IV OS SÉCULOS ESCUROS OS SÉCULOS XVI, XVII, XVIII

En 1492 nace o Reino de España. O novo estado que precisa dunha lingua como compañeiro do Imperio. No espazo de 3 - 4 décadas, a documentación da igrexa, da nobreza e as cantigas pasou a castelán. Apenas se escribía en galego, era unha lingua oral. Galiza participaba no Imperio, máis en lingua castelá, e así empezou o sentimento de auto-odio. Isabel decidiu que os maxistrados, notarios, e boa parte dos monxes debesen de vir a Galicia dende fóra. Os nobres de Galicia foron a Nápoles, Flandes, Granada, á corte, etc.

É difícil atopar información acerca desde período- o millo e a pataca de América axudou a fomentar o gran desenvolvemento demográfico en Galiza pola mellor alimentación.

s.XVII as cousas cambiaron por mal é así empeza o fenómeno da emigración. 350 000 galegos emigraron a Uruguay, Chile, Arxentina, Brasil. Galicia non puido ofrecer recursos a toda a súa poboación. Neste século, a xente empeza a escribir sobre a realidade frustrante.

Padre Sarmiento

Padre Sarmiento (Poio, Pontevedra, O Bierzo) pásmase do dominio de castelán. Quería recuperar a identidade galega empezando pola lingua. Era disículo de Padre Feixoo, un dos seus asesores máis importantes, e tiña coñecementos maiores que outros, pero a maioría da súa obra é inédita e non a quería publicar. Fixo dúas viaxes- a primeira en 1745. Buscaba a riqueza lingüística de Galiza. 1754- 55 a segunda viaxe. Visita os mosteiros e bibliotecas, aldea por aldea, estudando o léxico etimolóxico da documentación medieval. Afirmou que o galego hai que o estudiar cun método ateno e rigoroso á etimoloxía.

Padre Sobreira. O altetophilo- ideal de investigador. Quere cumprir o gran proxecto de Sarmiento. Era fraile en San Martín de Madrid, como Sarmiento. Organizou o legado de Sarmiento.

Joseph Cornide, funcionario da Coruña, dedicouse á botánica. Daquela chegaba o aire de ilustración, e todos os ilustrados se preocupaban pola lingua.

Continua a política do estado central (como o francés) en España. 1700- os Borbóns, Felipe V.

1709 As leis da nova planta. En Catalunya prohibiuse a lingua catalana.

Golpes duros á lingua galega no século XVIII:

1. A fundación da Real Academia de la Lengua Española 1713 marca o destino do castelán como lingua de España. Obriga que se ensine a lingua da gramática, que é o castelán.

2. O teatro ten que aparecer en castelán.

3.Mantéñense apartados os idiomas catalán, galego e vasco.

Un golpe aínda vixente do ano 1560- 'O Concilio de Trento' Obriga que se empregue o idioma vernácula nas homilías pero a igrexa galega colaborou con Castela. A contradicción no emprego do mandato deste Concilio é moi importante e explica o por qué dos séculos escuros. A igrexa en Galiza dende os RRCC e o Concilio de Trento é castelanófona.

29-xullo-1999

O uso oral da lingua durante os séculos escuros. Pese a todo, o galego quedou vivo na maioría da poboación. Máis de 95% da poboación falaba galego durante os séculos escuros. O pobo non abandonou a fala.

V O SÉCULO 19 E O REXURDIMENTO

Permanecen inalteradas as estructuras económicas da Antiga Réxime, pero houbo uns cambios fundamentais.
1808 a invasión napoleónica- guerra da independencia
1812 redáctase a primeira Constitución de España. As cortes de Cádiz.
1833 caída do absolutismo- nacemento do Estado Español moderno

1. A perda da importancia da igrexa como rector da vida moral. A desamortización dos bens eclesiásticos.

2. A reorganización do territorio. Unha nova estructura estatal. 1836 Galicia deixou de ser reino, e desmembrouse en 4 provincias artificiais.

3. A mudanza en Europa e España a un novo sistema eficaz de recaudación dos impostos. Antigamente este deber ía aos mosteiros ou aos señores, non ao estado.

No s. 19 non había ningunha figura que emulaba á de Sarmiento que quedou esquecido.

Houbo permanentes disputas e confrontacións ideolóxicas entre liberalismo e absolutismo.

1810- 1840 unha producción literaria escasa relacionada aos movementos españois. BANDOS para sumarse á guerra en contra dos franceses, obras dialogadas (Os Dialogos, nun galego popular con seseo e gheada), sainetes, poesía

Coa publicación en 1838 de Verea y Aguiar, Historia de Galicia, de Neira (xornalista) Xornal El Idólatra de Galicia en no 1841 Apunte para la historia de la literatura galega,
así se inícia un novo período.

O REXURDEMENTO. Unha toma de consciencia de que Galica leva séculos sendo ignorada, xa era hora de reivindicarse o que todos lle negaba. O renacemento italiano, portugués, español no s 16 cando se publicaron gramáticas e estableceron normativas lingüisticas. Galica non tivo un s. 16 ata o s. 19.

O Provincialismo- movemento en contra da división de Galicia en 4 provincias. Antolín Farraldo, e Solís. A revolta militar foi sofocada e acabou co asasinanto de Solís. 1846

O Galeguismo- a reivindicación da lingua como manifestación da existencia do país.

O movemento rexionalista- o recoñecemento dos direitos de Galicia.
1. O ensino en galego
2. A rendención dos foros
3. A necesidade de literatura en galego
Figuras importantes do rexurdemento:
Xoán Manuel Pintos A gaita galega, primeira obra en galego
Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal

A actividade política

Manuel Murguía e Alfredo Brañas- ideólogos do Rexionalismo e Galeguismo. Murguía era a figura máis importante do galeguismo.
O paradoxo- Todas estas persoas eran defensores radicais do galego pero na vida cotiá tratábanse só en castelán.

1891 O primeiro discurso público en galego. Os xogos florais en Tui.

1906 A fundación da Real Academia Galega. Murguía como presidente. Mais todos os discursos institucionais foron en castelán. Ou eles desprezan o galego ou non se senten capaces do utilizar.

30 xullo 1999

VI O SÉCULO 20- REPRESIÓN FASCISTA, RECUPERACIÓN, E A PERDA DE FALANTES

1900 - 1936 Continúa o ensalzamento e a recuperación da lingua. Hai que falar de grupos de persoas.

1906 Primeira Irmandade da Fala fundada por Antón Vilar Ponte. Imitada en toda Galicia. Aquel grupo de persoas vía a lingua coma eixe principal.

A Xeración Nós. formouse en Ourense, un grupo de homes (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Otero Pedrayo, Vicente Risco) que promulgaban as teorías das irmandades. Estes homes asócianse coa revista Nós.

Seminario de Estudos Galegos- dotar a cultura galega con ferramentas modernas.

28 xuño 1936 depois de mil anos, aprobouse un Estatuto de Autonomía.
18 xullo 1936 golple de estado
1936- 1975 Moito maior o auto-odio. Represión lingüística.


A Revolución Industrial

Nos séculos 19 e 20, a maioría dos rapaces non foron escolarizados. Permaneceron monolingües en galego. No s. 20 a Revolución Industrial tivo un efecto de rebote que paralizou a actividade da Galicia tradicional e rural. A poboación tivo que ocuparse de outros empregos. O pobo abandonou o agro e foi para as cidades. Vigo era a cidade máis importante de Galiza. Nas cidades houbo un novo tipo de vida- escolas públicas gratuitas, rapaces sen nada que facer senón estudiar, pero dos anso 50 ata os 80, o mundo escolar era só castelanfalante. Os rapaces asumiron ao mundo castelán. A xuventude a partir dos anos 50 foi máis hábil co castelán.

1975- empézase o uso de galego na universidade. A morte de Franco.
1978 Constitución. Galiza recupera o Estatuto de Autonomía
1981 Redáctase a lei de Normalización Lingüística
1983 Publícase a Lei de Normalización Lingüística- Todo galego ten a obligación de saber o castelán, pero o direito de usar o galego en Galicia.

Ao inicio houbo un estatuto de igualidade pero o Tribunal Constitucional quitou a igualidade.

A presencia do galego nótase menos:
1. na policía
2.nas forzas armadas
3.na igrexa- percíbense cambios importantes pero non tantos como se esperaría

Cada vez auméntase o número dos que teñen castelán como lengua materna. A perda masiva de falantes. Imponse o castelán, pese ao aumento de ámbitos por :

1 Os medios de comunicación escritos e audiovisuais. Ao principio dos anos 90, iniciouse a televisión en galego, coa excepción da publicidade en castelán . Un xogo de subvencións.

2 A escolarización- a maior parte das asignaturas impártense en castelán

Debates da normativa

A tese lusista (Carvalho Calero, A AGAL)- case todos os alumnos de CC, agora profesores nas aulas secundarias defenden o reintegracionismo ao mundo lusófono, cunha normativa basada no portugués padrón.

A tese da realidade local (O ILG, A RAG, A Xunta)- Pese ao compartir un tronco común, hoxe en día o galego e o portugués son dúas linguas diferentes que deben seguir os seus propios rumbos.