Historia da lingua galega e gramática histórica
(Apuntamentos do seminarrio do Prof. Xavier Varela Barreiro
26 - 30 xullo 1999; 4-7 xullo 2000; 3-9 xullo 2002)

I. Elementos do léxico galego das linguas prelatinas
O Noroeste peninsular preindoeuropeo e prerromano
Substratos lingüísticos
O elemento prerromano pero indoeuropeo: Os celtas


II A chegada dos romanos
A sustitución das linguas prerromanas
O Latín de Gallaecia
O cristianismo rompeu a estructura romana de Gallaecia
As invasións xermánicas.
O elemento árabe en galego.

III O nacemento do galego- e gaelgo coma lingua lírica internacional
Os primeiros documentos que temos no romance galego- portugués
O fenómeno trvadoresco- o cume da literatrua en lingua

IV Os séculos escuros s. XVI, XVII, XVIII
O gran desenvolvemento demográfico en Galiza
Padre Sarmiento

Golpes duros á lingua galega no século XVIII
V O século 19
O Rexurdemento
O Provincialismo
O Galeguismo
Figuras importantes do Rexurdemento

VI O século 20- represón fascista
As Irmandades da Fala
A Xeración Nós
O Estatuto de Autonomía, xullo 1936
A Represón fascista
A Revolución Industrial: os cambios demógraficas e a perde de falantes monoling ües
A Recuperación
1981 Redáctase a lei de Normalización Lingüística
1983 Publícase a Lei de Normalización Lingüística
Debates da normativa


4,5 -7-2000 e 26-7-1999 O galego é unha lingua románica. Predomina o elemento latino, pero ten palabras aínda máis antigas que as de orixe latina.

En Alemaña, publicouse un estudio xenético do galego. O galego é un romance latino con 80% do seu léxico do latín e 20% de linguas preindoeuropeas, linguas celtas, linguas xermánicas, o árabe e o francés. O galego tivo unha cambiante fortuna histórica, con dous períodos, antes e depois dos Reis Católicos.

II século aNE - o fin século XV: conformación e maduración da lingua en todos os ámbitos da vida. Ao fin do s. XV o galego tivo un sistema gráfico coherente.

s. XVI - s. XVIII os séculos escuros. A eliminación do galego escrito.

s. XIX - XX No ano1840 iníciase un lento proceso de recuperación que aínda non está rematado. Galiza non foi capaz de facer recoñecer os seus direitos da época dos Reis Católicos ata o ano 1982.

O periódo prelatino é unha verdadeira silveira en canto á situación lingüística. No que é hoxe Galiza, había pobos celtas, descritos polos escritores romanos. Joan Coromines- A conformación de elementos lingüísticos prerromanos. O fondo léxico do galego ten moitos celtismos.

I. Elementos do léxico galego das linguas prelatinas

O Noroeste peninsular preindoeuropeo e prerromano

Substratos lingüísticos- O seguinte non significa que todas estas poboacións estaban en Galiza, mais si chegou a súa influencia léxica.
(+ éuscaro) + substrato existe na lingua euskera.

Substratos Preindoeuropeos (+ éuscaro) euroafricano (protoibérico)
  (+ éuscaro) hispano-caucásico (protobasco)
  (- éuscaro) tirrénico (etrusco, tarteso)
Substratos indoeuropeos /prelatinos   precéltico
    céltico


Exemplos do léxico galego das varias camadas:

A Camada Euroafricana (proto-ibérica). Mediterráneo occidental. Substantivos do mundo natural e paisaxístico-árbores, accidentes xeográficos, construccións humanas primitivas

MATA- calquera planta baixa con abundantes ramas
Palabras que comezan por CAR-
CARRASCO- queiroga, torga, uz
CARQUEIXA- arbusto silvestre con flores
COSCO- vaina que contén o gran do orxo, semente da cebada, a envoltura da castaña, e a mazaroca do millo.
QUEIROGA-arbusto de follas perennes, con flores rosas, violetas ou brancas
CARROUCHO- camiño tortoso e sinuoso
CARRAPUCHO/A- caparucha, especie de gorro
Carrapuchiña vermella- un conto infantil 'moderno' mais cunha palabra que ten máis de 10000 anos de vida

Camada hispano-caucásica (protobasco) terceiro milenio aC, do oriente. Voces dunha vida primitiva

COTO (NON couto)- unha pequena elevación do terreo
SOBACO
ARANDO
-froito da arandeira
CHARRÚA- arado de ferro
MORANGO/(A)MOROTE/(A)MORODO- froito da amorodeira
ZAMARRA- peza de roupa ou abrigo, en forma de chaqueta

Camada tirrénica- terceiro milenio. Non se sabe de onde viñeron nin que lingua falaban. ¿etruscos? ¿tartesios?

atópanse estes exemplos en Italia, Galia e Hispania:
TOUZA- terreo cerrado con vexetación de árbores ou mato alto
TOUTICEIRA- outeiro
PARRA- vide, videira, pranta cultivada no alto para a producción da uva
ALUDE- avalancha de neve
LASTRA- pedra lisa
SAPO
atópanse estes exemplos en Italia e Hispania:
ARROIO- pequena corrente de auga, non permanente
GÁNDARA- terreo baixo, húmico e improductivo
TÁMARO- tronco de leño

atópanse estes exemplos no Sur da Galia, Hispania, Sardeña, no Norte de África

BARRO
CARBALLO
- á de folla caduca, dunha madeira forte;
VEIGA- zona baixa e fértil regada por ríos
CAMA- moble onde se pon un colchón para durmir
atópanse estes exemplos no centro e sur da Galia, e Hispania
TOXO- arbusto espioñso de flores amarelas
BRUXA

atópanse estes exemplos só en Hispania

SAMO-unha pequena capa branca nos cornos das vacas e dois bois
COTAÑO- a cepa dunha xesta
BECERRO- cría da vaca ata que ten dous anos


Camadas Indoeuropeas Exemplos de voces preceltas/paraceltas (con ´p´inicial=
Pobos sorotápicos- gardaban os restos nunhas olas de barro. Esta poboación chegou ao noroeste peninsular ao redor do ano 1000 aC

PALA- cavidade natural do terreo, cova
PALEIRA- unha cova no monte; madriguera dun animal salvaxe
PÁRAMO terreo baldío para a agricultura, amplia extensión de terra sen humidade
CABANA- costrucción sen cravos, feita de ramas
CABAZO- hórreo feito de madeira
Sufixos toponímicos-ASCOUSCO Tarrascón, Biascón

O elemento prerromano pero indoeuropeo: Os celtas

Os celtas eran unha ente militar que se sobrepuxo aos indíxenas no noroeste peninsular ao redor do ano 800 aC , mais sen ningún tipo de supremacía lingüística. As formas celtas puideron chegar polos pobos non-celtas. Os romanos distinguiron dous grupos- os do Norte, os Celtas Lucenses co seu núcleo en Lucus Augusti e os do Sur, os Bracarenses en Braga, a segunda cidade importante da Gallaecia Romana. Os celtas aprópriaronse dos territorios nos que os íberos non tiñan interés.

A parte sur oriental da península ibérica ten raices preindoeuropeas íberas, mentres que a meseta e a parte occidental ten raices indoeuropeas celtas.
A zona central era claramente céltica. A zona occidental tiña compoñentes célticos mais non era claramente céltica.

O celta continental desapareceu. En Bretaña, fálase celta insular. Foron os celtas continentais en Galiza.

Formas celtas no galego con correspondencia ao celta insular

BIDO/BIDUEIRO- unha árbore
TONA- monda da pataca; superficie do leite
MANIÑA- unha vaca estéril
RODABALLO- un peixe aplanado
BRUSCA- uz

Formas celtas sen correspondencia ao celta insular

LAMA- lodo, bulleiro, trollo
LOUSA- lastra, laxe,
BURATO
BURACO
- burato, furado
BORBA- viscosidade, limo
BILLA

Outras voces célticas
AMENEIRO- outra árbore
BUGALLO-bóla sen forma nas follas e nas ramas máis tenras do carballo
FRAGA- un bosque de moitas árbores diferentes- bidueiros, carballos, ameneiros, castiñeiros
BANZO- paso dunha escaleira
VARANDA- escada para poñer a man

Os propios latinos trouxeronn estes celtismos:
BRAGA
CAMISA
CERVEXA
BALOR- a capa branca no pan en descomposición
BARAL- un fungo
MORNO

TOPONIMIA CÉLTICA TRAÍDA POLOS CELTAS

CORUÑA- CLUNIA > CRUÑA> CORUÑA
CÉLTIGOS
CAMIÑA
TOMIÑ
O
LAXE
- briga (Brigantiños, Coimbra)
-OBRE (Caobre, Sillobre)

HIDRONIMIA

LIMIA
SAR/SARELA
- os ríos de Santiago, desembocan no Ulla
AVIA - o pai do Miño

II A chegada dos romanos e o latín de Gallaecia

Antes da chegada dos romanos, había unha tribo dos Callaeci entre os ríos Douro e Miño, na desembocadura do río Douro. Eran os primeiros con quen atoparon os romanos. Nesta época, fálase da sociedade castrexa- unha sociedade na que a xente vivía en castros, asentamentos humanos normalmente en terreo elevado, unha cultura de monte. Pode ser que nos castros, falásese unha lingua non indoeuropea, pero máis probable aínda é que se falase unha lingua céltica.

Os romanos chegaron polo sur, e á súa chegada na península ibérica as linguas faladas eran as linguas euskera, íbera, e celta (quizais unha lingua fenicia tamén). Depois das Guerras Púnicas, empezaron a colonizar a península, mais non Gallaecia. Entraron por Tarragona (218 aC os Romanos en Ampurias, á fronteira con Francia) e logo foron a Cádiz.

138 aC Decimus Iunius Brutus chegou ao río Limia, o río de esquecemento, que os soldados romanos non pasarían por medo de esquecer todo. Decimus Iunius Brutus pasouno e probou a falsedade do mito, sen embargo non logrou o éxito militar.

61aC o segundo intento militar. ARTAUS na Ría de Coruña. éxito militar. Unha boa parte da continxente romana que conquistou Hispania era do sur da península italiana ou de África. O latín deles era un latín 'máis humilde'.
-Xulio César empezou a explotación mineira de Gallaecia.
- Con o fin das guerras Cantábricas impúxose a Paz Romana e o sometamento das tribos.

A partir do ano 0, empezou a haber nomes romanos en Galiza con nomen, cognomen, paranomen. Nos seguintes 4 -5 séculos os castrenses perderon a súa lingua.

A sustitución das linguas prerromanas

O Profesor Manuel C. Díaz A SUSTITUCIÓN DAS LINGUAS PRERROMANAS
- TRES ETAPAS DE LATINIZACIÓN

1. Os conquistados aceptan a presencia dos romanos en Gallaecia, pero manteñen a súa lingua.

2. Unha etapa de diglosia s. II depois de Cristo. Os vellos manteñen as súas tradicións e lingua, mentres que as clases élites e a xente nova asimílanse e comezan a falar un latín rudimentario. A xente nos castros continúa a viver nos castros.

3. A asimilacion total. 400 dC o abandono da lingua indíxena e a adopción da lingua latina, pero moitos elementos prerromanos (vide infra) fican ata o galego de hoxe.
Resulta difícil matar unha lingua. No século VI, un obispo en Tarraconensis (unha das provincias máis romanizadas) falaba unha lingua indíxena, así en Gallaecia tamén (que era unha provincia tardiamente romanizada)

Tempo de Caracalla- 7 provincias na península ibérica, unha delas GALLAECIA cos Conventos Lucense(Lugo) , Braquense(Braga) e Asturicense (Astorga)

27-7-1999, 6-7-2000

O Latín de Gallaecia

Moi parecido ao Latín dos puntos máis afastados da península. Tivo un desenvolvemento igual ao dos outros puntos de Romanía. CONTINUA LINGÜÍSTICOS elo- elo. O galego non entende o moldavo mais elo -elo enténdese. O galego entende ao leonés que entende ao castelán que entende ao navarro que entende ao aranés, etc.

Pasou a ser o idioma oficial- na moeda, na igrexa, na administración. As linguas célticas morreron. O latín de Gallaecia adqueriu unha faciana propia. Hai palabras que só perviven no oeste da península, por iso o galego ten o seu carácter particular. J. Piel coñece ben a época románica e xermánica de Gallaecia, e o léxico particular do galego.

Léxico herdado do latín particular no galego

ACADAR- consequir
ACOUGAR- calmarse
ABOUXAR
ADOITAR
AGÁS
AGRA
- campo
AGRASAR (un apelido en Santiago- campo do río)
ALMALLO
BÁGOA
DIOIVO
MEIGO
ENXEBRE
- algo que denota separación das outras xentes- separar= xebrar
ABRENTE-alba
AGLAIO- asombro , aglaio vén de GLADIUM, espada que pode producir morte
ENTREGO- INTEGRO unha persoa maior de idade, aos plenos da súa vida

No século quinto xa houbo manifestación da diferencialidade dos idiomas da península.

O cristianismo rompeu a estructura romana de Gallaecia

As invasións xermánicas.

Os suevos- entran no Pirreneo e dominan a maior parte do territorio. Instalados no noroeste peninsular. Firmaron un tratado do imperio romano. "REJNUM SUEVORUM" 411 - 585. Mantívose cunha gran autonomía, arredados do Imperio romano. Os suevos foron rapidamente asimilados polo pobo existentee eles e osvisigodos/ godos adpotaron a lingua latina; deixaron un mínimo impacto á lingua, unicamente uns poucos préstamos, a maior parte nos campos da guerra. Exemplos: abeto; feltro, laverca, espeto, guerra, elmo, bando, frecha, luva, roubar, gañar, orgullo. O máis importante foi a súa aportación á antronimia e á toponimia- Elvira, Fernando, Adolfo, Alberto, Rodrigo, etc. Topónimos xermánicos rematan en -iz (Guitiriz) -ulfe. Durante este período houbo uns cambios máis dramáticos na lingua, o latín falado en Gallaecia comezou a se trasformar segundo os seguintes procesos:

1. A palatalizacion kl-, pl-, fl- > ch- por exemplo: flama> chama. plano> chan, clamare> chamar

2. A lenición
A. a caída do n (e do l) intervocálico LANA > laa > lã> la

B. A perda dunhas oculsivas intervocálicas fabulare> fa(bu)lar> falar
C.
A sonorización dunhas consoantes intervocálicas digitu> di(g)itu>detu> dedo
D. A simplificación das consoantes xeminadas coppa> copa



O elemento árabe en galego.

Os árabes conquistaron toda a península ibérica nun espazo de tres anos 711- 714. Chegaron ata a Gallaecia romana, e ficaron uns 40 anos entre os ríos Douro e Miño. Pese a unhas incursións esporádicas, a súa presencia en Gallaecia é moito menor comparada á doutros sitios peninsulares. A lingua árabe- mínima influencia no norte, unha influencia indirecta. 150 anos depois de 711 a fronteira linguística xa se establecera ao sur do Miño. Sen embargo, a súa influencia no léxico do galego é moi importante; atópanse exemplos de arabismos nos campos da guerra, da adminsitración, das prantas, das profesións, das medidas, dos animais, da xeografía, dos xogos, da música, dos productos agrícolas, da arquitectura, das ciencias, da química, dos cabalos, da medicina, etc. Pese una menor presencia dos árabes en Gallaecia, existen arabismos en galego que non se atopan noutros romances peninsulares, mais si nalgúns dialectos nordafricanos, por exemplo, o caso de ALFERGA é interesante porque unicamente pervive en Galiza e en territorio magrebí. O galego presenta elementos árabes no léxico, máis influencia árabe que xermánica pola superioridade da cultura árabe comparada á hispano-romana. Hai pouca influencia árabe na toponimia galega- por exemplo, A Mezquita, Rábade. Uns arabismos importantes: ata-até, oxalá-ogalá, azul etc.

Arabismos en galego

galego

étimo árabe português campo castelán
aceite az-zait azeite producto industrial aceite
acelga as-silga acelga(celga) pranta  
acibeche   azeviche alfaia azabache
alazán al-hizan alazão cabalos  
albacea   albaceia título/oficio albacea
albeite/albéitar al-beitar alveitar profesión  
albóndega al-bunduga almôndega comida albóndiga
alfaiate xayyat alfaiate profesión sastre
alferga al-hirga (alferga) ferramenta dedal
alicerce al-isas alicerce arquitectura cimiento
azucre as-sukkar açúcar producto/comida azúcar
bácoro bakora bácoro animal cerdo
berenxena berdinchena beringela pranta/comida berenjena
cenoira isfannariya cenoira pranta/comida zanahoria
chafariz çahrij chafariz arquitectura surtidor
fanar xatn-ár fanar ‘caos’/guerra mutilar
gándara jandal gâdara xeografía gándara
garfo garfah garfo utensilio tenedor
marfil almalfil marfim luxo marfil
tabique taxbix tabique arquitectura tabique
tafona tahuna atafona oficio/lugar tahona
tarefa tarija tarefa administración tarea
tarifa tarifa tarifa administración tarifa
toldo     arquitectura toldo
xabaril chabali javali animal jabalí
xarope xarab xarope producto jarabe
xasmín yasaman jasmim pranta jazmín
xintete zanata ginete cabalos jinete

 



III O nacemento do galego; o galego coma lingua lírica internacional


A lingua continúa a ser latina. A partir so século VII, précisase o latín como lingua escrita nos mosteiros nos documentos de propriedade. Había que escribir todo sometible á disputa. Empregábase o modelo do latín clásico de Virxilio e Cicerón, pero nos séculos 7, 8, e 9 o latín de Gallaecia era cheo de trazos linguísticos afastados do modelo clásico; por exemplo, os sons palatais ñ, ll, ch. Os escribanos non sabían introducir estes sons e ían inventando grafías novas <ny>, <gn> etc.

Précisabase a creación dunha nova 'scripta romance'.

Os primeiros documentos que temos no romance galego- portugués son:

1. O testamento do Rei don Alfonso II 1214
(existen dous testamentos proque houbo un cambio no primeiro testament , e escribiuse un segundo )

2. un borrador A Noticia de Torto- un documento notarial, rexistra unha protesta dun señor de Guimaráns acerca dunha promesa abandonada.

3. O Testamento de Estevo Pérez 1260

O fenómeno trvadoresco- o cume da literatura en lingua

Temos os cancioneiros de amigo, de ajuda, e de escarnio. Ao comenzo do século 13, (nos anos 1197 – 1201) aparece o Descort plurilingüe de Raimbaut de Vaqueiras, e no ano 1196 aparece a primeira cantiga Ora faz ost’o senhor de Navarra do trobador Johan Soarez de Pávia. Íniciase unha época de prestixio internacional:é dicir, a producción de literatura escrita en lingua gallega, moi lonxe do terrotoria de Gallaecia.

Ata os finais do s. 15 o galego é obxecto de uso normal en territorio galego-portugués, e incluso no exterior

Dende o s. V ata o s. XV o galego desenvólvese tal como outros romances. Nos s. XII - s. XV o galego é plenamente equiparado como lingua nacional e internacional de prestixio.

1306 Primeiro documento relixioso da diocesis de Santiago. A lingua exclusiva da documentación foi o galego.

Toda a literatura que se traduce, faise en romance galego.

1. Traduccións de obras escritas en latín:. Os miragres de Santiago; Flos Sanctorum; A crónica de Santa María de Iria, traducción no s. XV, a partir de obras escritas nos s. XII e XIII.

2. Traduccións ao galego das leis de Alfonso X: Fuero juzgo; As nove partidas;Fuero real

3. Obras históricas en castelán: Crónica Geral- Crónica de Castela General Estoria

4. Correntes medievais:
O ciclo clásico- A lenda de Troia, Crónica troiana, Historia Troiana
O ciclo arturiano- Libro de Tristán, Demanda do Santo Grial, Libro de Merlín (perdido)