APUNTAMENTOS DOS SEMINARIOS DO DOUTOR X.L. REGUEIRA,

DOS CURSIÑOS DE VERÁN, SANTIAGO DE COMPOSTELA, XULLO 1999, 2000, 2001

(Hai moito material oferecido no cursiño do Dr. Regueira que non podo resumir aquí.)

 

1 Lingua, estándar e ideoloxía

 

1.1 Linguas e dialectos

 

 

1.2 Prexuízos lingúisticos

 

 

1.3 Un estándar

 

 

 

1.3.1 A elaboración do estandár do portugués e do castelán

   

 

 

 

1.3.1.1 O portugués

     

 

 

 

1.3.1.2 O castelán

     

 

 

 

1.3.1.3 O galego

     

2 Fonética e Fonoloxía

 

2.1 O Sistema vocálico

 

 

 

2.1.1 As sete vocais tónicas

   

 

 

2.1.2 As vocais pretónicas

   

 

 

2.1.3 As vocais finais

   

 

 

2.1.4 Diptongos e hiatos

   

 

 

2.1.5 A crase vocálica

   

 

2.2 Consonantismo

 

   

 

 

2.2.1 O velar nasal sonoro

   

 

 

 

2.2.1.1 O ariquifonema nasal /N/

     

 

 

 

2.2.1.2 En posición interior

     

 

 

 

2.2.1.3 ¿é fonémico?

     

 

 

 

2.2.1.4 O /N/ e as formas do artigo e do clítico

     

 

 

2.2.2 A oclusiva palatal sonora

   

 

 

 

2.2.2.1 A orixe do fonema

     

 

 

 

2.2.2.2 Frases

     

 

 

2.2.3 A gheada

   

 

 

 

2.2.3.1 A definición

     

 

 

 

2.2.3.2 Teorías da súa orixe

     

 

 

 

2.2.3.2 Aspectos socio-lingüísticos da gheada

     

 

2.3 A sílaba, s

 

 

 

2.3.1 A estructura silábica en galego

   

 

 

2.3.2 O Inicio

   

 

 

2.3.3 A coda

   

 

 

2.3.4 Exemplos

   

 

 

 

 

 

       

3 Morfoloxía e sintaxe

 

 

 

 

       

 

3.1 O Verbo

 

 

 

       

 

 

3.1.1 O sistema verbal do galego- O modo indicativo

   

 

 

3.1.2 O sistema verbal do galego- O modo subxuntivo

   

 

 

3.1.3 A Primeria Conxugación

   

 

 

 

3.1.3.1 O Primeiro Tipo

     

 

 

 

3.1.3.2 O segundo tipo

     

 

 

 

3.1.3.3 O terceiro tipo

     

 

 

3.1.4 A segunda conxugación

   

 

 

 

3.1.4.1 As formas

     

 

 

3.1.5 A terceira conxugación

   

 

 

3.1.6 Verbos irregulares ten /e/ nos formas do perfecto

   

 

3.2 A Predicación

 

 

 

       

 

 

3.2.1 Tematización

 

 

       

 

 

3.2.2 Máis sobre a pasiva

 

 

       

 

3.3 Construccíons causativas

 

 

 

       

 

3.4 Os pronomes e os clíticos persoais

 

 

 

       

 

 

3.4.1 Te/che

   

 

 

 

3.4.1.1 O dativo de solidariedade

     

 

 

 

3.4.1.2 Exemplos

     

 

 

3.4.2 Lle/lles

   

 

 

3.4.3 A colocación dos pronomes

   

 

 

 

 

 

       

1 Lingua, estándar e ideoloxía 3 xullo 2001

1.1 Linguas e dialectos

Dende o punto de vista lingüística, un lingüista pode dicir a porcentaxe de diferencias entre dous sistemas de comunicación mais entre sistemas parecidos, non pode dicir a cal porcentaxe eses sistemas son dúas linguas diferentes ou se un é dialecto do outro. Os términos 'lingua' e 'dialecto' dependen de ideoloxía politíca máis que de razóns lingüísticas. Por exemplo, un lingüista, empregando argumentos lingüísticos, non pode dicir que o castelán e o portugués son dúas linguas diferentes.

1.2 Prexuízos lingúisticos

Non hai linguas superiores ou inferiores. Non hai linguas de pedra nin de agricultura.

Non hai linguas perfeitas nin linguas deficientes. Afirmacións coma "El español es la lengua más perfecta y la más apta para la comunicación que va a reemplazar el inglés, que es un sistema tan confuso que los hablantes tienen que deletrar las palabras para entenderse." non son dignas dun língüísta, senón dun nacionalista. Un comentario dun científico poderá ser - se un sistema fonolóxica é máis sinxela, adoita ter unha morfoloxía máis complexa.

1.3 Un estándar é a normativa dun dialecto elaborada conscientemente. No século XVI uns reinos ibéricos convertéronse en estados/imperios mundiais e viron a necesidade dunha variedade de lingua uniforme para todos, ou sexa, 'unha variedade superior'.

1.3.1 A elaboración do estandár do portugués e do castelán

1.3.1.1 Vázquez Corredoira A construção do português face ao castelhano. Laiovento

O estándar do portugués elaborouse basado no dialecto das clases altas do centro-sur.

No século XVI, o portugués 'relatinizouse'. A partir dese momento empezaron a existir o portugués e o castelán.

1.3.1.2 Da reconquista en España, xurdiu unha nobreza do norte da península que reafirmaba o seu direito de conquistar o perido, que eran os herdeiros da monarquía visigoda. O estándar de prestixio elaborouse do dialecto eses elites do norte, non dos labregos, nin dos do sur, senón un dialecto minoritario e rexional.

1.3.1.3 O galego non ten un século XVI, non tivo, ata o do século XX, un paso a unha lingua estándar. En Galiza non houbo unha intención asimilatoria, mais a única lingua usada fóra da casa ou nos ámbitos íntimos era o castelán.

No século XIX, uns escritores galegos, de lingua materna castelá, empezaron a escribir en galego recollendo palabras dos beizos do pobo para moldear polo xenio dos poetas. As dúas forzas para a construcción do estándar galego foron:

1. a lingua culta- diferente do pobo

2. lingua enxebre- unha lingua pura, fiel a se mesmo, impenetrabel. Rosalía utiliza a lingua popular. E esta tendencia segiuse durante o século XIX.

Unha lingua é unha colección de obxectos- a fala da alta burguesía de Lisboa non é a mesma que a dos labregos de Braga, mais os dous grupos falan portugués. Coseriu falou dunha lingua coma un continuum, un cúmulo de variedades con variacións diafásicas, diastráticas (entre clases), e diatópicas (en lugares). A gramática non pode describir todo, senón un dialecto privilexiado, é dicir o estándar.

Saco Arce- 'o único modelo para o galego ten que ser o dos labregos'.

Aurelio Ribalta- Estudios Galegos, proposta dunha ortografía foneticista Libro de konsagrazión. Se todos saben falar, todos deben saber escribir. A ortografía apréndese facilmente.

Puntos de referencia para a construcción do galego, diferente do galego enxebre do pobo, son os modelos do castelán, do portugués, e do galego arcaico.

Rodrígues Lapa, Grial 1973 "A recuperação literaria do galego" A lingua popular ou enxebre non pode ser unha lingua de civilización; non é apta para unha lingua de cultura.

Ten sentido lingüístico escribir galego en ortografía portuguesa, pero aquí entran cuestións políticas e ideolóxicas. Cada un ten distintas prioridades.

2 Fonética e Fonoloxía

2.1 O Sistema vocálico 6 xullo 1999, 16 xullo 2000, 4 xullo 2001

2.1.1 As sete vocais tónicas i-e-e- a-É - o -u

Frases:

O mel e' bo para a gÉrxa.

A pÉrta do cÉche noh pecha beh.

¿Se'rveme uh cafe' coh leite mÉrno, se fai o favor?

Aquí segue un 'xibolete', un código que só os faltantes nativos poden entender e reporducir. As tres frases son un xogo , que pode ser mareante.

1. o 'e' e o 'e'

2. o feito que o 'b' e o 'v' representan o mesmo fonema.

3. o 'n' final é un fonema velar, non alveolar

Eles beh veh que vah beh. (ver= decatar, dar conta)

Eles beh veh que ve'h beh.

Eles beh veh que veh beh.

Díxolle que fora para fÉ'ra.

e' uh me'dico de e'xito.

As nenas recolleroh tres cestas de peras verdes. (todas pechadas)

2.1.2 As vocais pretónicas son as mesmas que as tónicas

pre'sa / presiña

hÉme/hÉmiño

perna/perniña

presa/presiña (puñado de algo)

O vocalismo galego cambiou recentemente. Antes,nas palabras patrimoniais, as vocais átonas eran sempre pechadas. Exemplos: m/É/rte,/m/o/rtal; f/e/rro, f/e/rreiro. Estas palabras, xa lexicalizadas,veñen doutra época dun sistema vocálico pretónico de só cinco vocais. Mais hoxe, nos cultimos tenemos p/É/rta, p/É/rteiro; gu/e/rra, gu/e/rreiro. Nas derivadas en posición pretónica, as vocais son abertas.

/É/corrente f/É/lguista qu/e/ntar (tradicionalmente e aberto)

/o/rella * autom/É/bilista /e/x/e'/rcito

/É/cupado big/o/tudo* esqu/e/cer

/o/rtiga * env/e/llecer aut/o/n/o/mía aut/É/'nomo

/É/bservador h/É/nrar

*palabras históricas con vocal pretónica pechada.

2.1.3 As vocais finais

En principio, só había tres vocais finais /o/, /e/, e /a/ mais na lingua culta hai cinco.

tenís temes

campus campos o 'o' é máis reducido, coma unha vocal [o]-[u]

réptil túnel

currículum pelícano

As vocais finais e mesmo as pretónicas redúcense.

Na lingua popular, bebía/vivía son idénticas. E cociña pronúnciase coma c[U] ciña, e

veciño, coma v[I]ciño. Ninguén di v[e]ciño. Os 'o' e 'e' péchanse e son laxos, [U] e [I].

O segundo 'e' de peixes, enxordece tanto que case non se oe. O 'o' de tempo, tamén se reduse.

2.1.4 Diptongos e hiatos

Hiato

Diptongo

oía [o 'ia]

oia ['oi a]

saía [sa 'ia]

saia [sai a]

saïamos [sa i 'a mos]

saiamos [sai 'a mos]

roïades [ ro i 'a des]

roiades [ roi 'a des]

moía [mo 'ia]

moia [moi a]

Non se acentúan saïamos e roïades porque son palabras graves que rematan en s.

2.1.5 A crase vocálica- encontros de varias vocais. As vocais redúcense nalgúns casos (V + V = V) e noutros, forman diptongos (V + V = GV).

a + a > [a:] a + aldeia > [a:ldea]

o + o > [o:] canto + o > [kanto:]

a + o > [É] cántao ['kan tÉ]

a + u > [É] a + unha > [Éha]

a + 'a > ai a + alma = aialma

a casa [a'kasa]

á casa [a:'kasa]

a arte [a 'ar te] non se funde

á arte [a: 'ar te]

as veces [az 'beqes]

ás veces [a:z 'beqes]

xa vin [òa'bih]

xa a vin [òa:'bih]

para nena [pa æa'nena]

para a nena [pa æa:'nena]

non me dá gana [nohmeda: g ana]

non me dá a gana [nohmeda: a ga na]

canta ['kanta]

cántaa ['kan ta:]

 

¿Quixo o almorzo? ['kiòÉlmÉrqo]

Quixo. ['kiò(o-u)]

¿Cando quixo o almorzo? [kandokiòÉlmÉrqo]

Quíxoo onte. [kioò:Énte]

2.2 Consonantismo

2.2.1 O velar nasal sonoro

2.2.1.1 O ariquifonema nasal /N/ en posición final realízase depende do contexto.

un can [uhkah]

un vaso [umbaso]

un tío [untio] n alveolar

un charco [untòarco] n palatalizado

2.2.1.2 Mais tamén en posición interior unha [u ha] e antes dunha vocal 'un home' [uh'Éme]

2.2.1.3 ¿é fonémico?

unha [u ha] que contrasta con una (subxuntivo de unir) ['u na]

así o velar nasal sonoro é fonémico

Amable Veiga di que non é fonémico porque segue a vocal a, e é a vocal o que condiciona o arquifonema. Amable Veiga exprica [uha] como un- a, parecido á realización velar nasal de 'un home' [uh'Éme]. O problema con esta expricación ten que ver coa silabación. En galego, a estructura normal é CV, e no exemplo de unha debería ser V (CV)

2.2.1.4 O /N/ e as formas do artigo e do clítico

Depois de ben, quen, tamén, non, etc, e antes de pronomes, o 'n' final é alveolar.

ben a vexo [benabeòo]

¿Quen o dixo? [kenodiòo]

Non o sei. [nonosej]

Mais esta é unha cuestión gramatical, non fonolóxica.

Alómorfo

artigo

clítico, pronome

clítico, pronome

primeira forma

O, A, OS, AS

O, A, OS, AS

O, A, OS, AS

segunda forma

-lo, -la,-los,-las

-lo, -la,-los,-las

-lo, -la,-los,-las

terceira forma

-no, -na, -nos, -nas

-no, -na, -nos, -nas

-no, -na, -nos, -nas

Por exemplo:

Collo o peixo, Cólloo.

Ti colle-lo peixe. Cóllelo.

Cóllen o peixe. Cólleno. [kojeno] = collen + no> cóllenno= Cólleno.

Sen embargo, esta terceira forma do artigo é practicamente desaparecida. Tende a desaparecer no artigo mais non no clítico. Nos exemplos enriba: ben a vexo. ¿Quen o dixo? Non o sei. mostran a terceira forma do artigo, e así o n é alveolar.

2.2.2 A oclusiva palatal sonora 5 xullo 2001

2.2.2.1 A orixe do fonema

-lj do latín > [l] lateral sonorante palatal continuante > oclusiva sonora palatal

A conexión entre a lateral sonorante palatal e a oclusiva sonora palatal é a [j] aproximante, que se oe na fala rápida. Esta situación é parecida á de 'o viño'/ [biño] continuante e 'viño'/[biño] oculsiva. Só os vellos teñen [l] , mentres este son existe en italiano e portugués, en asturiano non existe. Foi un cambio rápido e inadvertido, e máis avanzado en Galiza que en Castela. Non é o 'yeísmo' castelán, e un proceso previo que en castelán. Esta evolución pasou moi cedo no francés.

2.2.2.2 Frases

Este mollo é unha marabilla.

Colle a palla e cala.

Baralla e pilla unha carta.

O fillo estalle ralla que ralla ata que consegue o que quere.

 

 

 

2.2.3 A gheada

2.2.3.1 A gheada é a ausencia do fonema [g], sustiduído por unha fricativa velar, ou glotal por exemplo gato [hato], Santiago [Santiaho], ou farixal ou uvular . Hai un abano de fricativas que nunha persoa soa pode haber todos estes sons. Estes sons soen estar en calquera sitio do [g] que o re-emplazan, menos depois dunha nasal, onde se realiza un [k], por exemplo domingo [domihko]

2.2.3.2 Teorías da súa orixe

1. dun estrato céltico. Non ten ningún crédito porque o fenómeno apareceu no século XVIII. Frei Martín Sarmiento fala del.

2. influencia do castelán (teoría de José Luis Pensado, Freixeiro Mato, entre outros). O [x] castelán é dificil para os galegos (e hoxe en día tamén para os portugueses) e adaptouse como [g]. Logo, houbo unha corrección, e outro proceso de ultracorreción en que tódolos [g] pasaron ao [h], etc. O problema con esta teoría é que a gheada e un trazo dialectal, nom se realiza en toda Galiza, e a influencia do castelán era pouca e escasa nasa zona rurais ata o século XX.

3. Unha evolución interna dentro do galego. Pasando por unha aproximante [g], chéga a realización [h], etc. O problema con esta teoría é que ¿por que pasa por [g]?

2.2.3.2 Aspectos socio-lingüísticos da gheada

É un rasgo distintivo do galego pero en retroceso- un marcador forte que pode ter un prestixio en certos círculos pero ainda que a normativa oficial a recoñece, os falantes tenden a fuxir da gheada. É un trazo popularizante pero os castelanismos léxicos serven para esto, na lingua popular din 'carretera' e non estrada, ou 'iglesia' e non igrexa.

Mirás era un dos únicos que promoveu a gheada.

2.3 A sílaba, s 18 xullo 2000, 5 xullo 2001

 

s

 

inicio

rima

¯

¯ ¯

k

núcleo

coda

 

 

¯

¯

 
 

a

h

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

2.3.1 A estructura silábica en galego

A sílaba máis complexa en galego é CCVC onde V é calquera vocal

2.3.2 O Inicio

inicio

¯ ¯

C1 C2

 

 

 

 

C1= oclusivas ou unha fricativa soa f (máis arriba na xerarquía) (ou calquera, mais sen C2)

C2= vibrante ou lateral ou semivocal

A Xerarquía

oculsiva /p/,/b/,/t/,/d/,/k/,/g/ consoantes menos sonoras

fricativa /f/,/v/,/s/,/ò/

nasal /n/,/m/,/h/,/ñ/

lateral /l/

vibrante /r/

semivocal (glide) /j/ /w/

(vocais só en núcleo silábico, o elemento máis sonoro)

Non son posibilidades no Inicio

 *pm *ps *pf

En préstamos latinos e gregos hai configuracións silábicas diferentes das do galego, con inicios de sílaba imposibles en galego: psicólogo, pneumático, ctónico, pterodáctilo. Nos rexistos máis formais, as regras cambian, pero a fala popular adapta a palabra segundo o galego, é psicólogo pasa a sicólogo.

 

2.3.3 A coda.

No galego popular, pode aparecer unha soa consoante (mais nunca f, nen oculsiva) é posible na coda silábica, agás ao final de palabra onde nasal+ s (cans) é posible no galego occidental.

Nos cultismos poden aparecer 2 consoantes no interior, ins- ti-tu-to, o que non é posible no galego popular que se reduce a ' is-ti-tu-to'. Na lingua falada son raras palabras coma 'sols- ti-cio', 'pers-pi-caz', 'obs-ta-cu-lo', que se reduce a 'os-ta-cu-lo'. Sempre prevalece [s] sexa cal sexa a outra consoante. As sílabas dos cultismos son adaptadas ao galego falado. recto ['rek to] non existe en galego, adáptase coma ['rew to] considerada vulgar ou [re to] . A reta de covas.

2.3.4 Exemplos

Cultismo

Adaptación á fala popular

(non as únicas)

Sector lácteo

setor/seutor/sei tor

Agnosticismo explícito

ah nosticismo/

añosticismo es pli ci to

Instalar un interruptor

is ta lar uh in terrutor

Psicodiagnóstico

si co di ah nóstico

si co diañóstico

¿Apto ou non apto?

¿ato ou noh ato?

Directivo corrupto

Di rei tivo corruto

Magnetoeléctrico

Mañetoeléitrico/

mah neto eleitrico

Acceso directo

aceso/aiceso direito

 

3 Morfoloxía e sintaxe

3.1 O Verbo 19 xullo 2000 5 xullo 2001

A

M

raíz

A

vocal temática

B

A

morfema de modo e tempo

M

O

S

Morfema de numero e

persoa

Hai tres conxugacións e as modificacións da raíz presentas os máis problemas. O galego conserva a vocal tónica e maila acentuación grave ama 'ba mos.

 

3.1.1 O sistema verbal do galego- O modo indicativo

PASADO (-)

retrospección

PRESENTE (0)

punto cero

FUTURO ( +)

prospección

cantei

 canto

 Cantara'

pasado (- -) o pasado do pasado

simultáneo (- o) o presente do pasado

prospección(-+)

futuro do pasado

   

cantara

cantaba

cantaría

 

 

   

O verbo galego é moito máis simple que tódalos verbos románicos. Ten dous modos (indicativo e subxuntivo) e tres tempos básicos, e no modo indicativo, outros tres que se referen a algún punto no pasado. O pasado ten outros matices o perfecto (cantei) é acción acabada e o imperfecto (cantaba) é acción non-acabada.

 

3.1.2 O sistema verbal do galego- O modo subxuntivo

PASADO (-)

PRESENTE (0)

FUTURO ( +)

cantasse

cante

cante,cantar*

* Historicamente houbo un futuro do subxuntivo, e existe en portugués e na lingua formal. Nos verbos regulares, as formas coinciden coas do infinitivo conxugado.

3.1.3 A Primeria Conxugación.

Os 'e' e 'o' son grafías ambiguas en galego porque cada un respresente dous fonemas, un pechado e outro aberto.

3.1.3.1 O Primeiro Tipo. Non hai alternancia da vocal temática. Todas pechadas

botar [o] [bo tar] b[o]to, b[o]tas, b[o]to, b[o]tamos, b[o]tades, b[o]tan

abandonar[o] aband[o]no etc.

funcionar[o] funci[o]no, etc.

petar [e] sempre pechada mais en Coruña conxúgase como levar

3.1.3.2 O segundo tipo Alternancia e/e ou o/É na vocal temática

levar e/e levo, levas, leva, levamos, levades, levan

informar É/o infÉrmo, infÉrmas, infÉrma, informamos, informades, infÉrman

3.1.3.3 O terceiro tipo toda vocal temática é aberta

votar [É] vÉto, vÉtas, vÉta, vÉtamos (vocal temática átona mais non se pecha) , vÉtades, vÉtan

 

3.1.4 A segunda conxugación

Hai alternancia complexa que está en tódolos falantes.

3.1.4.1 As formas

comer

'ko mo

'kÉ mes

'kÉ me

ko 'me mos

ko 'me des

'kÉ meh

beber

'be bo

'be bes

'be be

be 'be mos

be 'be des

'be beh

No imperativo, as vocais péchanse 'ko ma/ (ti) 'ko me 'be ba /(ti) 'be be

¿Por que a primeira persoa se pecha? KOM + I + O. O 'i' produce pechamento, mais logo desaparece. Non hai expicación satisfactoria.

Hai excepcions. As formas de DEBER, sempre con vocal pechada, mais QUECER e ESQUECER sempre con vocal aberta.

3.1.5 A terceira conxugación

E e aberto

 

eu

ti

el/ela/

vostede

nós

vós

eles/elas

vostedes

servir

P.I.

sirvo

sErves

sErve

servimos

servides

serven

 

P.S.

sirva

sirvas

sirva

sirvamos

sirvades

sirvan

 

imperativo

 

sirve

sirva

 

servide

sirvan

O o aberto

 

eu

ti

el/ela/

vostede

nÓs

vÓs

eles/elas

vostedes

fuxir

P.I.

fuxo

fOxes

fOxe

fuximos

fuxides

fOxen

 

P.S.

fuxa

fuxas

fuxa

fuxamos

fuxades

fuxan

 

imperativo

 

fuxe

fuxa

 

fuxide

fuxan

 

Isto está na lingua estándar mais a xente nova di:

sirvo, sirves, sirve, servimos, servides, sirven

fuxo, fuxes, fuxes, fuximos, fuxides, fuxen

3.1.6 Verbos irregulares ten /e/ nos formas do perfecto

Facer fixemos fixestes fixeron

Dicir dixemos dixestes dixeron

dar demos destes deron

3.2 A Predicación

Unha converxencia entre a forma da gramática xenerativa e funcionalista

 

predicación

 

3.2.1 Tematización- cambia a maneira de xerarquizar. Sitúa un elemento noutro punto.

A mazá foi comida pola nena. A mazá é o tema, e nena é o suxeito. Esta é unha construcción pasiva, silencia un axente e non parece na lingua falada. A estructura preferia é unha construcción activa, en vez da pasiva, e neste caso é:

[A mazá] comeuna a nena. tema= a mazá axente= a nena.

'na' é clítico obrigatorio, repite o obxecto direito cando éste pasa ante do verbo.

3.2.2 Máis sobre a pasiva

1. A ponte foi construída en 1812. Hai suxeito (A ponte) mais non hai axente.

2. A construcción SE, chámase pasiva mais é unha pasiva reflexivo.

SE é pronome reflexivo. A ponte construíuse en 1812.

3.3 Construccíons causativas.

Como italiano, francés e castelán, en galego non pode haber dous obxectos directos.

A nai fixolle comer a mazá á nena.

axente suxeito= A nai

a máza= tema, acusativo, obxecto directo

nena, outro axente pero dativo. Ten que usar lle.

A nai fixo saír o neno.

Depois de 'fixo' non pode aparecer nada, agás o clítico lle, NON o, como en portugués. Normalmente , a sintaxe galega coincida coa portuguesa- aquí a galega discrepa coa portuguesa. Por exemplo:

GALEGO : Fixéronlle sacar o coche.

PORTUGUÉS: Fizeram-no tirar o carro.

Na idade media as dúas esquemas existían en portugués, mais agora non. No século XVI o portugués mudou estas construccións durante o proceso de 'relatinización', que permite dous acusativos (como o latín e como as linguas xermánicas)

3.4 Os pronomes e os clíticos persoais

3.4.1 Te/che

Te- pronome, obxecto directo acusativo, segunda persoa

Che- pronome, obxecto indirecto dativo, segunda persoa

O portugués non ten esta distinción.

3.4.1.1 O dativo de solidariedade

Ten un uso moi frecuente e extendido no galego. Son raros pero existen en castelán (Delibes Los santos inocentes, te de solidariedade), no francés de Québec, e en certos dialectos de italiano, pero é de uso restrinxido.

(El) xa [che] llos deu.

suxeito+ adv + DS+ O.I-O.D + verbo

O Dativo de solidariedade [che] non ten función sintática senón prágmatcia, representa o interlocutor. Atópase só na lingua falada coas formas che, vos, lle, ou lles, pero é máis frecuente no singular.

3.4.1.2 Exemplos tirados de X.L. Méndez Ferrín Arraianos.

Nembargantes, eu intúolle que neste asunto debe de haber alo máis do que se ve e se ouve. lle- dativo de solidariedade

Isto élle o que passa e eu así llo conto, señor tío.

lle- dativo de solidariedade llo- NON é dativo de solidariedade

Entre os moitos dons que Deus me deu - dixérame cun sorriso- non che está o de linguas, meu fillo. che- d.s.

Si, Misia Coxiña: a donicela éche coma un rato; ténche sete sés de dentes afiados coma navalliñas. dous 'che' - d.s. (sés- só se atopa en Ferrín quere dicir ringleiras).

3.4.2 Lle/lles Non se distinguen en toda Galiza, nen tampouco llos/llelos. É dicir, na maior parte de Galiza, llo(s)/lla(s) = llelo(s)/llela(s)

3.4.3 A colocación dos pronomes. 8 xullo 1999,21 xullo 2000, 6 xullo 2001

Na oración simple e na principal das subordinadas, o pronome segue ao verbo, agás depois de adverbio, e depois de 'que'. Hai unha serie de palabras que cambia a colocación do pronome. Máis a expricación aquí básase no Prosodic Phonology, Nespor/Vogel, Olanda, 1986; en portugués, Sónia Frota, Prosódia e foco em português. Este tratamento di "En principio o pronome vai diante do verbo mais

o clítico non pode empezar unha frase de entoación nin en portugués nin en galego". Esta foi unha teoría minoritaria, mais hoxe é aceptada na fonoloxía xenerativa. Permítenos expricar a negación e a subordinación cunha soa regra.

U (o enunciado fonolóxico)

¯

I (frase de entoación)

¯

f (frase fonolóxica)

¯

w (palabra fonolóxica)

¯

S (o pé metrico) NIVEL FONOLÓXICO

¯

s (sílaba)

Exemplo

([A miña man] cha dou.)I

A colocación de 'cha é correcta porque [a miña man] é un foco(informácion importante que un quere destacar). Tamén é tema e polo tanto exixe a predicación 'a' de cha. Non se pode facer pausa depois de [a miña man] porque toda a frase é unha frase de entoación.

([A miña man])I1 (doucha)I2.

Esta frase ten dúas frases de entoacións. Non é o mesmo enunciado que 'A miña man cha dou" . Aquí [a miña man] non é foco, mais si segue sendo tema que precisa de predicación. Aquí, depois de I1, un pode pausar.