III. OS ARTIGOS

 

3.1. O Artigo determinado

 

3.1.1 As Formas

 

 

Singular

Plural

Masculino

O

OS

Feminino

A

AS

 

Na fala, existen alomorfos do artigo (-lo, -los, -la, -las) que se emprega só en contacto con infinitivos, cos pronomes rematados en -s, coa segunda, terceira e quinta persoa dos verbos (as formas rematadas en -s). Nestes casos, a última consoante quítase, e o alomorfo do artigo engádese ao verbo despois dun guión. exemplos: ao da-las doce = ao dar as doce; ti recólle-lo millo=ti recolles o millo; garda-las culleres = gardar as culleres, contarvo-lo sucedido=contarvos o sucedido.

 

Esta forma do artigo engádese a TRAS, POR, MAIS, TODOS, TODAS, AMBOS, AMBAS, ENTRAMBOS, ENTRAMBAS. Nestes casos non se emprega o guión. exemplos: Tódolos homes; Ámbalas rapazas;polo vento;trala porta

 

NOTA: Na escritura, o emprego de esta forma só é obrigatorio coas contraccións con POR.

 

"e mailo/maila/mailos/mailos" significa "e máis + artigo determinado".

 

3.1.2 AS CONTRACCIÓNS CO ARTIGO DETERMINADO

 

 

o

a

os

as

a

ao/ó

á

aos/ós

ás

con

co

ca

cos

cas

de

do

da

dos

das

en

no

na

nos

nas

por

polo

pola

polos

polas

 

3.2. O artigo indeterminado

 

3.2.1. As formas

 

 

SINGULAR

PLURAL

Masculino

UN

UNS

Feminino

UNHA

UNHAS

 

3.2.2. AS CONTRACCIÓNS CO ARTIGO INDETERMINADO

 

 

un

unha

uns

unhas

con

cun

cunha

cuns

cunhas

de

dun

dunha

duns

dunhas

en

nun

nunha

nuns

nunhas