VII Os adverbios

Adverbios son palabras invariables que serven para modificar verbos, adxectivos ou outros adverbios. Pódense dividir en varias clases: de lugar, de tempo, de modo, de cantidade, de dúbida, de afirmación e de negación. As locucións adverbiais son grupos de palabras que xuntas funcionan coma adverbios (por exemplo: a miúdo, ao chou, de vagar, etc.). Moitos adverbios rematan no sufixo -mente, e fórmanse de adxectivos femininos (por exemplo: calada + mente= caladamente); estes adverbios non levan acento gráfico.

 

1. Os adverbios de lugar responden á pregunta ¿Onde se realiza unha acción?

exemplos: aquí (eiquí), aí, alí, acó, aló, alá, acolá, a rentes de, dentro, fóra, algures, ningures, enriba, encima, debaixo, abaixo, detrás, atrás, ao pé de, diante, arredor, ao redor, preto, cerca, , lonxe, xunto, á beira, a carón, en fronte, ao lado.

 

2. Os adverbios de tempo responden á pregunta ¿Cando se realiza unha acción?

exemplos: Antonte, onte, hoxe, mañá, pasadomañá, a cotío, a miúdo, ás veces, de cando en vez, en seguida, antes, agora, despois, entón, daquela, ao cabo, logo, pronto, axiña, cedo, tarde, cando, aínda, xa, mentres, sempre, decote, nunca, xamais.

 

3. Os adverbios de modo contestan á pregunta ¿Como se desenvolve unha acción?

exemplos: ben, mal, tame’n, tampouco, así, mellor, peor, paseniño, a modo, de vagar, ao chou,ao xeito, de súpeto, ás presas, de contado, fortemente, caladamente.

 

4. Os adverbios de cantidade responden á pregunta ¿Canto?

exemplos: abondo, bastante, menos, máis, moito, algo, pouco, nada, alomenos, case, moi, a penas, de máis, de menos, de sobra, de todo, por aí.

 

5. Os adverbios de dúbida expresan incerteza.

exemplos: quizá/quizás/quizais, seica, acaso, tal vez, se cadra, ao mellor.

 

6. Os adverbios de afirmación: si, certo, abofé, tamén, de certo, de verdade, así mesmo.

 

7. Os adverbios de negación: non, tampouco, nin, nin sequera, nin tan sequera.

VIII A preposición

Son palabras invariables que unen elementos da oración cos seus complementos. Tamén hai grupos de palabras, as locucións prepositivas que serven coma preposicións. exemplos: a, agás, ante, ata, baixo, canda, con, contra, de, deica, desde/dende, durante, en, entre, excepto, malia, mediante, onda, para, perante, por, segundo, sen, sobre, tras, xunto.

 

Exemplos de locución prepositivas son á beira de, acarón de, a prol de, ademais de, á parte de, a causa de, a rentes de, a poder de, alén de, acerca de, cara a, con respecto a, co gallo de, con motivo de, despois de, en favor de, encima de, encol de, enriba de, en fronte de, en troques de, fronte a, fóra de, lonxe de, por mor de, por culpa de, preto de, xunto a....

IX A conxunción

A conxunción é unha palabra invariable que une dous elementos da mesma categoría ou dúas partes dunha oración. Locucións conxuntivas son varias palabras que xuntas serven coma unha conxunción

 

Conxuncións copulativas suman os elementos que unen: e, nin, máis

 

Conxuncións disxuntivas exclúense os elementos: ou, ou ben...

 

Conxuncións adversativas unen un elemento que se opon ao primeiro: mais, senón, pero, sen embargo, porén.

 

Conxuncións subordinantes introducen partes da oración que dependen da cláusula principal: que, se, porque, xa que, cando, aínda que, así que, de xeito que, para que, como, etc.