II Acentuación

2.1. Regras de acentuación

Palabras agudas teñen o seu acento prosó dico na última sílaba; palabras graves lévano na penúltima e

as esdrúxulas na antepenúltima.

LEVAN ACENTO GRÁFICO: NON LEVAN ACENTO GRÁFICO :

As agudas que rematan en vocal, vocal + n, vocal +s, As agudas que rematan en ditongo decrecente

vocal +NS (exemplos: campá, irmán, irmáns, esquís) (ai, au, ei, eu, oi, ou, iu, ui) ou en consoan-

te distinta de n, s, ou ns (exemplos: xersei,

falei, comeu, ademais, pediu, carteis, unllar.

As graves que rematan en consoantes distintas de n, As graves que rematan en n, s, ns, ou vocal

s, ns (exemplos: túnel, alférez, cráter, áxil, álbum, (exemplos: lapis, marcharon, lingua, eslogans)

cáliz, sándwichs)

As esdrúxulas sempre levan acento

(exemplos: teléfono, diálogo, árbores)

TAMÉN LEVAN ACENTO GRÁFICO:

Cando as vocais ‘i’ ou ‘u’ van en hiato e son tó nicos, levan acento gráfico (exemplos: xuíz, baúl, raíz, miúdo, muíño, ruído, saír, caída, lúa, súa)

Nas palabras compostas que se escriben con guión acentúase cada elemento como se fose independente (alemán- portugués) As compostas unidas seguen as regras normais de acentuación.

 

2.2 . O ACENTO DIACRÍTICO

Segundo as regras, hai algunhas palabras que non se deben acentuar, pero para evitar confusións con outras palabras, acentúanse. Tamén hai unha diferencia importante na abertura vocálica que distingue significados.

O, E ABERTOS O, E PECHADOS

bóla(esfera) bola (peza de pan)

vén (pres. de vir) ven(pres. de ver; imper. de vir)

vés (pres de vir) ves(pres de ver)

óso (peza do esqueleto) oso (o animal)

fó ra (adverbio) fora (plusc de ser, ir)

pó la (rama) pola (galiña; por + a)

pé (parte do corpo) pe (letra do alfabeto)

nó (substantivo) no(en + o)

máis(adv) mais(conxunción)

dá (de dar) da (de + a)

dás(de dar) das(de + as)

é(pres de ser) e (conx.)

té(infusión) te (letra)

nó s(pronome) nos(en + os, pronome átono)

vó s(pronome) vos (pronome átono)

só (sen outro) so (debaixo de)

dó (dor) do (de + o)

pó r (verbo) por (prep)

á (a + a) a (artigo)

ás(a + as) as (artigo)

ó /ao ( (a+ o) o (artigo)

có (ca + o) co (con + o)

cá (ca + a) ca (con + a)

cómpre (é necesario) compre (merque)

présa( preumura) presa(un puñado, prendida(adx)

1